moiceleste.com
·30 de septiembre de 2024
moiceleste.com
·30 de septiembre de 2024
Foto: Octavio Passos / Getty Images
O central do Celta, Carlos Domínguez, analizou o empate a un gol ante o Girona no partido disputado en Balaídos este domingo. Nun encontro no que ambos equipos tentaron impoñer o seu xogo, o defensa salientou a calidade do rival e a necesidade de facer axustes no descanso para obter un resultado positivo.
"Foi un partido no que os dous equipos propuxeron xogo, o Girona é un rival que xoga moi ben o balón coma nós. Na primeira parte faltou un pouco máis, e no descanso axustamos un par de cousas e puidemos conseguir un empate que podemos dar por bo", sinalou Carlos, destacando a capacidade de reacción do equipo tralos primeiros 45 minutos.
O xogador tamén se referiu ao seu compromiso co equipo, especialmente nunha semana cargada de partidos, onde o rol de cada futbolista resulta fundamental. "Sempre intento axudar ao equipo. Esta semana é de tres partidos, na que sabiamos que ía participar todo o mundo. Intentei axudar ao equipo o máximo posible", comentou o central, que mostrou a súa disposición a colaborar en calquera circunstancia.
Carlos non deixou pasar a oportunidade de agradecer o apoio constante da afección celeste, cuxa presenza en Balaídos considera fundamental para os bos resultados na casa. "O celtismo é incrible, danos unha forza incrible no campo, e grazas a eles podemos sacar os puntos que estamos sacando na casa. É un orgullo esta afección", afirmou o defensor, suliñando o impacto que o apoio dos seareiros ten no rendemento do equipo.
Por último, o defensa referiuse a Iago Aspas, a quen definiu como un dos mellores futbolistas a nivel mundial, resaltando a sorte de contar co dianteiro moañés no vestiario. "É un orgullo ter a Iago Aspas no equipo, é a nivel mundial do mellor que hai. Temos que aproveitalo polos consellos que nos pode dar, é unha alegría que siga con nós", dixo Carlos, eloxiando tanto a calidade futbolística como o papel de líder que exerce o capitán celeste no equipo.