moiceleste.com
·22 de diciembre de 2024
moiceleste.com
·22 de diciembre de 2024
Foto: Diario Vasco
Despois de varios partidos de ausencia por distintos motivos, Sergio Carreira foi titular onte fronte á Real Sociedade e cumpliu asinando un moi bo partido, que veu acompañado dunha vitoria celeste. Ao remate do encontro analizou para Celta Media o acontecido no terreo de xogo:
“Foi un partido moi serio do equipo de principio ao final do partido. Collemos a responsabilidade que tocaba e iso viuse no resultado e no rendemento do equipo”, analizou Sergio, que asegurou estar “moi ledo polo gol, porque ten participación de Pablo, Alfon, e tamén mia nun rexeite. Moi ledo de que todos participemos e que esteamos aquí”, suliñou en referencia a xogadores procedentes da canteira.
Sobre o seu rendemento individual explicou que “levaba tempo sen participar, entre lesións e partidos nos que non contei. Moi contento porque tiña moitas ganas deste momoento e con vitoria todo sabe mellor”.
Por último ficho balance do ano 2024 que remata a nivel deportivo: “Para min é un ano moi especial porque é o primeiro no que son xogador do primeiro equipo. Pechámolo cunha gran vitoria e casa e agardamos que 2025 sexa ainda mellor” .