Damián: "Estamos contentísimos con estes tres puntos ante un tremendo equipazo" | OneFootball

Damián: "Estamos contentísimos con estes tres puntos ante un tremendo equipazo" | OneFootball

Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·24 de abril de 2025

Damián: "Estamos contentísimos con estes tres puntos ante un tremendo equipazo"

Imagen del artículo:Damián: "Estamos contentísimos con estes tres puntos ante un tremendo equipazo"
Imagen del artículo:Damián: "Estamos contentísimos con estes tres puntos ante un tremendo equipazo"

Foto: Octavio Passos / Getty Images

O Celta logrou unha vitoria de prestixio ante o Villarreal (3-0) nun partido que supuxo moito máis que tres puntos para o equipo celeste. Así o expresou Damián Rodríguez, un dos canteiráns que contou con minutos neste encontro e que valorou a importancia do resultado contra un rival de alta entidade.


OneFootball Videos


"Sabemos que o Villarreal é un tremendo equipazo e estamos contentísimos con estes tres puntos", expresou o centrocampista, que volvía a gozar dun partido completo tras un tempo afastado do once inicial. "Xa tiña ganas de volver e estou contento, pero con moitas cousas que mellorar", recoñeceu, ao tempo que admitía sentirse "algo canso" por ter estado tempo sen xogar os 90 minutos.

A vitoria chega tras dúas derrotas consecutivas, polo que o seu valor é aínda maior para o equipo: "Tiñamos ganas de facer estes tres puntos despois de dúas derrotas consecutivas, para ir ao parón máis tranquilos", destacou Damián, reflectindo a necesidade de recuperar boas sensacións antes da recta final do campionato.

Como xa é habitual nos xogadores celestes, tamén tivo palabras de agradecemento para a afección, que volveu demostrar a súa paixón en Balaídos. "Nótase moitísimo cada vez que xogamos en Balaídos e cantan o himno. Estamos con esa conexión e non hai palabras para agradecer o que fan por nós. Moitas grazas e espero que sigan así", concluíu, emocionado polo apoio recibido.

Ver detalles de la publicación