Damián: "Agardo que Aspas se quede moitos anos" | OneFootball

Damián: "Agardo que Aspas se quede moitos anos" | OneFootball

Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·24 Oktober 2024

Damián: "Agardo que Aspas se quede moitos anos"

Gambar artikel:Damián: "Agardo que Aspas se quede moitos anos"
Gambar artikel:Damián: "Agardo que Aspas se quede moitos anos"

Foto: Octavio Passos / Getty Images

Despois do partido disputado en Balaídos ante o Girona, que rematou cun empate a un gol, Damián Rodríguez, atendeu aos micrófonos de Celta Media para ofrecer a súa visión do encontro e reflexionar sobre o futuro do equipo.


Video OneFootball


O centrocampista celeste destacou tanto os aspectos positivos como os negativos do xogo do equipo, conscientes de que aínda hai marxe de mellora. "Foi un encontro no que temos partes positivas e algunhas negativas que temos que pensar en mellorar. Sabiamos que o Girona é un equipazo, de Champions, con xogadores incríbles e tamén temos que valorar iso", sinalou Damián, facendo referencia ao nivel do rival.

No plano persoal, o xogador asegurou sentirse cómodo sobre o terreo de xogo, aínda que recoñeceu a esixencia do partido, especialmente pola alta presión á que estiveron sometidos. "Sentínme cómodo, pero o partido era complicado pola presión, tiñamos que correr moito, pero hai que entregarse no campo", comentou, amosando a súa disposición a dar o máximo en cada encontro.

Damián tamén aproveitou para agradecer á afección celeste o apoio incondicional, destacando o ambiente vivido en Balaídos. "Non teño palabras, sempre están aí, e dende aquí mándolles unha mensaxe de agradecemento polo ambiente que se vive en Balaídos", declarou o xogador, visiblemente emocionado co respaldo dos seareiros.

Outro dos nomes propios da noite foi o de Iago Aspas, a quen Damián adicou unhas fermosas palabras. O canteirán non escatimou en eloxios cara ao capitán celeste, resaltando a súa constancia e paixón polo equipo. "É incrible, dende que subín ao primeiro equipo nunca deixa de sorprenderme. Pasan os anos, pero el segue coa mesma ilusión e motivación. Como xogador non son quen para dicir quen é, agardo que se quede moitos anos", manifestou en referencia ao dianteiro de Moaña.

De cara ao próximo reto, o partido contra a UD Las Palmas na illa, Damián amosouse consciente da dificultade que suporá o encontro, mais confiado no traballo do equipo. "Na illa vai ser un partido moi complicado, dende mañá xa a preparar o partido e a polos tres puntos", concluíu o mediocentro, centrado xa no seguinte compromiso da competición.

Lihat jejak penerbit